4 de junio de 2008

Tarefa final

Platón sostén que o ser humano posúe varias almas ou a alma dividida en partes cadansúa coa súa correspondente función.
Tarefa:
1.Averiguar qué pensadores, escritores, cineastas ou compositores sostiveron a mesma crenza nas súas obras, tanto se falan de varias almas como de varios "eus".
2.Hai unha novela levada ao cine e ambientada en Lisboa na que se fala dunha "congregación de almas",sabes cal é o seu título? Pista:no texto introductorio a esta tarefa hai unha palabra que é a metade do título.
3.Averiguar que é un "heterónimo" e qué famoso escritor portugués é coñecido por ter escrito a súa obra baixo catro heterónimos.Cres que posuir varios heterónimos é o mesmo que posuir varios eus ou almas?
4.É o mesmo heterónimo que heterónomo? Qué filósofo fala de éticas autónomas e heterónomas?
5. Cres que teñen algo que ver as tres partes da alma de Platón coas tres partes do eu de Freud?Xustifica a túa resposta.
6.Divide Nietzsche ao ser humano en partes?Qué función ou característica ten cada unha? Con qué deuses gregos as identifica?

No hay comentarios: